Terras da Auga

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Coñece os perímetros de protección dos recursos acuíferos de Galicia e planta a túa árbore

Benvidos a Terras da Auga

O CLÚSTER DO AUGA MINERAL E TERMAL DE GALICIA


Logo Clúster da Auga

 

Galicia é unha das rexións europeas con maior riqueza en augas minerais e termais e, en consecuencia, con maior tradición no seu uso como augas de bebida envasada e en balnearios. Este feito, unido á repercusión social e económica que nas últimas décadas están a ter as augas minerais e termais posibilitan que Galicia sexa considerada como a "TERRA DA AUGA".

Actualmente, o número de mananciais existentes en Galicia é superior a 300 (hai máis de 2.000 en España), o que deu lugar a unha industria moi activa vinculada á explotación de augas minerais, con 10 plantas de envasado de auga mineral natural (100 en España) e 21 balnearios (115 en España). Unha particularidade destas industrias é que están a crear riqueza en zonas do interior de Galicia (na súa maior parte zonas rurais con tendencias similares: despoboación, baixa renda per cápita e presenza dunha estrutura produtiva con predominio do sector primario...), xa que, polas características do recurso, non poden deslocalizarse e deben instalarse nos mesmos lugares de captación do acuífero.

Sobre a base deste potencial constituíuse no ano 2011 o Clúster do Auga Mineral e Termal de Galicia, impulsado pola Asociación Galega da Propiedade Balnearios (Balnearios de Galicia) e pola Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (AGAMIN), e que contou co apoio da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

O Clúster do Auga Mineral e Termal de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro, constituída baixo a filosofía dos clúster de actividades empresariais, e que ten por obxectivo lograr a unión, cooperación, integración e apoio do conglomerado de empresas e axentes relacionados coas actividades empresariais nucleares ligadas ao recurso auga mineral e termal que actúan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.