Terras da Auga

Balneario de Lugo - Termas Romanas

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Cando os romanos chegan ás terras do Miño sentíronse atraídos polas propiedades curativas da fonte de auga quente que nacía na beira esquerda do río. A cidade contou dende a súa fundación cun complexo termal de carácter medicinal que se estableceu sobre o manancial natural.

Os restos que hoxe poden admirarse constitúen un dos poucos conxuntos termais romanos que se conservan en España, sendo declarados Ben de Interese Cultural en 1931.

Características e indicacións:

Hotel Balneario*** Q 64 habitacións.

Características da auga: Ofrece augas sulfurado- sódicas, bicarbonatadas e hipertermais. Emanan dunha temperatura de 43,8ºC. Están indicadas para reumatismos, artrites, artrose, ciáticas, lumbalxias, farinxite, rinite, sinusite, larinxite, asma, bronquite, psoríase, dermatite, estética e estrés.