Terras da Auga

Balneario de Carballiño

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

 A vila do Carballiño naceu en torno á feira creada no primeiro terzo do século XVII polos frades do mosteiro de Oseira (s. XII), unha das abadías máis poderosas da Baixa Idade Media. O Gran Balneario utiliza o máis importante dos tres mananciais de augas mineiro-medicinais con que conta O Carballiño. Está situado na marxe esquerda do río Arenteiro, próximo ao Parque Municipal, pero tamén ao centro da vila. Posúe un magnífico arboredo con carballos centenarios e haxas. A casa de baños, inaugurada no ano 1900, é obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías.

Características e indicacións:

 O balneario dispón de aparcadoiro e zona axardinada. Non dispón de hotel.

Ofrece augas sulfurado-sódicas, alcalinas, fluoradas, litínicas e radiactivas. Emanan a unha temperatura de entre 22 e 28ºC. Están indicadas para problemas do aparato dixestivo, aparato respiratorio, metabolismo, reumatismo e pel.