Terras da Auga

Fontecelta

O seu navegador non é compatible con Google Maps

 

Historia:

A planta de Fontecelta atópase nunha paisaxe rodeada das montañas e dos bosques da Serra dos Ancares a catrocentos trinta metros sobre o nivel do mar. Alí, no val que forman os ríos Neira e Sarria, nace o manancial dende un acuífero subterráneo protexido por unha cuberta de granito de máis de cen metros de profundidade. Na localidade de Céltigos, antigamente existiu unha zona de baño á que tradicionalmente acudían os veciños, o lugar adquiriu tanta importancia que se rematou convertendo nun balneario. En 1903 declarouse de utilidade pública e en 1928 como auga mineiro medicinal pola súa achega á saúde. Nos anos 50 dá comezo o envasado e comercialización de mineral natural Fontecelta e o mesmo lugar onde se encontraba o balneario. Dende entón extráese a auga coa mesma composición que a utilizada entón.

Características e indicacións:

Auga bicarbonatada- fluorurada, sódico- cálcica de mineralización débil. Esta auga están indicadas nos procesos dispépticos, enfermidades hepáticas, procesos metabólicos relacionados coa hipoglucemia, litiasis renal ou biliar.