Terras da Auga

Balneario Caldas de Partovia

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Situado a 2 Quilómetros do Carballiño, o actual edificio do balneario das caldas de Partovia data do ano 1842, sendo as súas augas declaradas de utilidade pública dende 1929. Encóntrase nunha paisaxe rural de gran beleza, rodeado por grandes zonas verdes e bosques. Nestes momentos encóntrase pechado por reformas.

Características e indicacións:

A orixe das súas augas sitúase entre os 1.100 e os 1.500 metros. Alí nace a auga a unha temperatura de 37º C.
As súas augas son sulfatadas, sódicas, cloruradas, bicarbonatadas e radioactivas. Indicadas para tratamentos dermatolóxicos e reumatolóxicos, enfermidades da pel, sistema circulatorio, aparato dixestivo e vías urinarias.