Terras da Auga

Gran Hotel La Toja

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

A Illa da Toxa, situada na Ría de Arousa, encóntrase unida por unha ponte centenaria ao pobo do Grove (paraíso do marisco) e moi preto da praia de La Lanzada, de 4 km. de lonxitude.
Na illa, pódense visitar a Capela Da nosa Señora do Carme (Capela das Cunchas) e a Ponte da Toxa de principios do s. XX.

Construído en 1907, é obra do arquitecto ourensano Daniel Vázquez Gulías, quen xa tiña experiencia balnearia noutros establecementos como o de Cabreiroá (Verín) e O Carballiño. De indubidable valor histórico, o Grande Hotel é dos poucos hoteis-balnearios de cinco estrelas que existen en España.


Características e indicacións:

Hotel Balneario***** 197 habitacións.

O hotel dispón de diversas salas de reunións e congresos. Entre as súas instalacións hai 3 canchas de tenis, 2 pistas de paddel e un campo de golf de 9 buratos, próximo ao hotel.

As augas mineiro-medicinais dos mananciais de A Toxa posúen unha composición química especial que lle outorga propiedades únicas, caracterizándose por ser clorurado-sódicas e fluoradas, con alto contido en ferro, litio, magnesio, calcio e potasio xunto a outros oligoelementos. Cada manancial ten temperaturas entre os 20 e 60ºC, que os clasifica como hipo, meso e hipertermales dende o punto de vista da súa temperatura.

Están indicadas en terapias dermatolóxicas, reuma e traumatolóxicas, afeccións musculares e estrés.