Terras da Auga

Balneario de Mondariz

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

O municipio de Mondariz-Balneario, o máis pequeno de España, encóntrase situado na zona sur occidental da "Serra do Suído", nun ámbito de gran beleza ecolóxica e paisaxísta habitado xa dende a prehistoria, o que se constata a existencia dun castro no "Couto de Cividade" e pola aparición de restos romanos (probablemente, da vila romana coñecida como "Búrbida").
Inaugurado en 1873, o Balneario de Mondariz é un dos pioneiros do termalismo galego e un referente entre as principais Vilas Termais de Europa.

Características e indicacións:

Hotel Balneario****146 habitaciones.

O Balneario de Mondariz, un dos maiores complexos hoteleiros de Galicia, está integrado por un hotel de 4 estrelas; o balneario con aplicación de augas mineiro-medicinais; o Palacio del Agua - SPA; campo de Golf de 18 buratos; Centro de Congresos e Convencións, e restaurantes onde poder degustar a gastronomía típica galega.

Ofrece augas carbogaseosas, bicarbonatado- cálcicas e ferruxinosas. Emanan a unha temperatura de entre 17,5 e 18º C. Están indicadas para problemas Do aparato locomotor, respiratorio, endócrino, para combater o estres e a obesidade e para tratamentos estéticos.