Terras da Auga

Lobios Caldaria Hotel Balneario

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Situado ao sur da provincia de Ourense, lindando con Portugal. O Hotel Balneario está no traxecto da antiga Vía Romana XVIII ou Vía Nova,que unía as cidades augustinianas de Braga e Astorga e que na actualidade enlaza coa Serra do Xurés coa portuguesa de Gerês. Camiñando pódese visitar a mansión romana de Aquis Originis. No municipio veciño de Bande, pódese admirar o campamento romano de Aquis Querquennis e a igrexa de Santa Comba, un dos poucos templos visigodos de España..

Características e indicacións:

Hotel Balneario**** Q 85 habitaciones.

Ofrece augas hipertermais e augas de mineralización débil, que emanan a unha temperatura de 77,1ºC. Os ións predominantes son: bicarbonato, sodio, cloro, fluor e silicatos.
Están indicadas para terapias en procesos reumatológicos e do aparato locomotor subagudos crónicos. Tamén para tratamentos dematológicos e do estres, estética corporal e facial e algúns procesos dixestivos e reno- uretales.